Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pequena

Un espectáculo para descubrir o grande que pode ser alguén pequeno e o pequenas que poden chegar a ser as grandes cousas, que case non ocupan espazo.

Cando:

11/05/2013

Xa rematou

Horario:

19 horas.

Enderezo:

Sala Gurugú

María Catalina Rosario Nadiña Pequena, Macarrona para os seus irmáns, Nadina Pequena para a maior parte da xente, e, como o seu nome indica, pequena.
Hai pequenas que son xigantes, como Barbadac, a ogresa, filla do ogro que gardaba o seu tesouro das botas de sete leguas ata a chegada de Polgariño. Barbadac escolleu non gardar tesouros, senón compartilos, como Petipuá, a pulga artista, que quixo levar o seu espectáculo a todas as partes do mundo, incluída a Illa dos Salvaxes, e demostrou que non hai límites nin fronteiras para conseguir o que desexas, nin sendo pequena coma unha pulga. E hai máis pequenas cunha imaxinación grande, como Nadiña, que é quen nos conta as historias de Barbadac e de Petipuá, quen nolas representa con bailes, cancións, alegría e unha forza enorme. Hai grandes pequenas e grandes pequenos, tan grandes que poden cambiar o mundo á súa maneira.

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión