Concello da Coruña

Concello da Coruña

PAN! PAN!: Ciclo Sen Numerar Primavera 2015

PAN! PAN! conta a historia de Harry, un cowboy americano que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo un indio salvaxe que lle roubou a súa muller, da que está profundamente namorado.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/03/2015 ás 21:00

Xa rematou

Horario:

21 h

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: 7'00 euros).

Venda anticipada: 6'00 euros (ata o día 13 de marzo de 2015 ás 23.59 h).

Televenda:

Abanca

Organiza:

IMCE

A través da aventura deste antihéroe, redescubriremos ese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película de Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!

Partindo dun escenario baleiro, e como na nouvelle cousine, desmontamos, cuestionamos, e reconstruímos os vellos westerns do afastado oeste. Unha homenaxe de tres actrices, con moito humor e retranca, a esas películas cheas de homes salvaxes e sucios coas que os nosos avós creceron. 8 personaxes, 5 espazos e toda a banda sonora desta obra creada por só tres intérpretes. Todo en directo, sen artificios, sen trampa nin cartón!

 

Espectáculo gañador do 1º Premio Xuventude Crea 2013.

A PANADARÍA

Con Areta Bolado, Noelia Fernández e Alién Kendelman

Dirección: Areta Bolado, Noelia Fernández, Alién Kendelman

 

VENDA DE ENTRADAS

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Sede Afundación: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión