Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pablo Alborán xira 2013

Pablo Alborán anuncia a súa xira española 2013.

Cando:

06/07/2013

Xa rematou

Horario:

22.00 h.

Enderezo:

Coliseum

Prezo:

- 20 € Tendido alto

- 24 € Pista

- 28 € Tendido medio

- 32 € Tendido baixo

Televenda:

Ataquilla.com

Pablo Alborán anuncia datas, cidades e recintos da súa nova xira 2013, sen dúbida a máis esperada do ano. Será unha xira en recintos de grande aforamento, na que presentará o seu novo álbum Tanto, que permanece 14 semanas no núm.1 dos máis vendidos en España con sete discos de platino. Os seus dous anteriores álbums (Pablo Alborán e En acústico) alcanzan outros sete discos de platino cada un. En total, 21 discos de platino en España en dous anos, unha marca absoluta no noso país.

Tanto foi o álbum máis vendido en España no 2012, mentres que o en directo En acústico e o seu disco de debut Pablo Alborán ocuparon o segundo e o quinto posto da clasificación anual. Gañador recentemente de dous Premios 40 Principales (Mellor Artista e Mellor Canción con "Te he echado de menos"), Pablo Alborán foi o artista que máis discos vendeu en España durante dous anos consecutivos, 2011 e 2012, un feito histórico e único na música española.

Prezo entradas:

- 20 € tendido alto

- 24 € pista

- 28 € tendido medio

- 32 € tendido baixo

 

Máis información: http://www.pabloalboran.es/

 

VENDA DE ENTRADAS:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo)

- Despacho do Coliseum: mesmo día do espectáculo (pagos en efectivo)

- Televenda: 902 504 500- www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión