Concello da Coruña

Concello da Coruña

P.E.N. 007, con licenza para matar de Trotaconventos teatro

P.E.N.007, é un xoguete cómico en tres actos. A representación principia cun prólogo no que un investigador tentará de acadar voluntarios entre o público co fin de ensaiar un preparado fabricado por él para pór fin a un contagioso virus. Na representación plasmaranse, sobre todo, tres formas de ver a vida. A do investigador, a do “policía da científica” e a de aqueles que pola codicia e os praceres mundanos non lles importa a quen pisan.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/06/2016

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3.00 euros

 

Televenda:

Ticketea

** A mitade do recaudado irá destinado a "Médicos sin fronteiras".

Ese virus, segundo os estudos do profesor, maniféstase nos doentes polo afán desmedido por atesourar máis e máis cartos e só se contaxia entre as clases máis adiñeiradas do país.

Co descorres da representación veremos en escena a persoas xa contaxiados polo virus e observaremos todas as tropelías que argallan para satisfacer a súa adicción ao vil metal.

O contrapunto poñerano unha auxiliar do profesor-investigador, unha axente xudicial e unha xornalista, que cos seus comentarios retratarán o ambiente no que se está a desenvolver a acción.

Na representación plasmaranse, sobre todo, tres formas de ver a vida.

A de don Eladio, o investigador que concibe a ciencia como instrumento útil para desfacer os entortos  que presenta a vida e tamén para pór ao alcance de todos as conquistas que el mesmo é capaz de conseguir cando entra co seu maxín nos segredos que oculta unha natureza que presenta tantos interrogantes.

Tamén aparecerá en escena outra forma de ver a vida, a do "policía da científica", home recio, que cre que a sociedade ten que se rexer por dous principios fundamentais, a orde e a autoridade. Quere ser máis do que é e deixarase levar as máis das veces polo seu desexo máis agochado, que non é outro que o de acadar unha posición relevante na sociedade na que se desenvolve.

Por último, veremos aos que quedan máis ao descuberto na peza, don Pío e o seu cómplice Veloso. Os dous aparecerán movidos en todo momento pola codicia e os praceres mundanos sen lles importar a quen teñan que pisar para mellorar a súa facenda.

Interpretes:

Carlos Fabal, Susana Lamas, Carlos Freire, Pilar Pedreira, Ana Gronzo, Rosa Freire, Matilde Noya, Moncho Álvarez, David Martínez e Ayoub El Ghotiss.

Dirección: Carlos Freire.

 

Venda de entradas:

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.  Temporalmente situado no Teatro Rosalia no mesmo horario.

Despacho de billetes Forum: só días de función, desde unha hora antes do espectáculo.

Televenta: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h, sábados de 14.00 h a 22.00 h, domingos de 16.00 a 21.00 h) - www.ticketea.com (servizo permanente 24 h )

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión