Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os libros como punto de partida

A arquitectura sacra do Antigo Reino de Galicia, con Alfredo Vigo Trasancos, dentro do ciclo de conferencias que organiza a Asociación de Amigos en colaboración co Museo de Belas Artes da Coruña.

Cando:

13/06/2013

Xa rematou

Horario:

20 horas.

Enderezo:

Museo de Belas Artes

Alfredo Vigo Trasancos (Ferrol, 1951). Catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago e recoñecido especialista en temas de historia da arquitectura e do urbanismo, é autor de máis dun cento de publicacións de tipo científico e divulgativo. Son moi coñecidos os seus estudos sobre a cidade e arsenal de Ferrol no século XVIII, sobre a catedral de Santiago nas épocas barroca e neoclásica, sobre A Coruña no tempo das Luces ou sobre a Torre de Hércules no período da Ilustración da que é o seu máis reputado experto. O seu libro sobre a fachada do Obradoiro é todo un clásico dentro da historiografía barroca. É, á súa vez, director de case unha decena de teses doutorais, responsable de diferentes proxectos de investigación concedidos polo Ministerio de Educación e Ciencia e pola Xunta de Galicia, coordinador dun grupo de investigación universitario que integra a un numeroso equipo de investigadores. Exerceu así mesmo a crítica artística, a crónica sobre cidades, o comisariado en distintas exposicións históricas. Participou tamén na redacción de plans especiais urbanos e en proxectos de rehabilitación arquitectónica. Non faltan na súa traxectoria participacións en doutoramentos de calidade, másteres e cursos de carácter universitario… Por todo iso e polas súas investigacións referidas á valoración do patrimonio arquitectónico da Cidade Departamental recibiu no 2011 a Insignia de Ouro do Concello de Ferrol.

A partir de 1670 apréciase na arte e na arquitectura de Galicia unha renovación sistemática que non foi froito dunha casualidade, senón dunha clara intención histórica. Coincide este período coa eclosión do noso Barroco, co que se veu en chamar Barroco Compostelán, que tivo unha longa vida artística de case un século pois alcanza en efecto ata ben entrada a década de 1760. Tivo ademais diferentes fases que se corresponden cos grupos xeracionais que ordenaron a súa arquitectura en base a ideas, orzamentos e formas artísticas moi diferentes, unhas veces carnosas, vexetais e exuberantes, outras delicadas e preciosistas con calidade case de ourive, en ocasións abruptas, abstractas e contundentes e non poucas coa intención de recrear certos “desordes” estruturais que máis parecen “deconstruír” que construír, seguramente desexosas de recrear un mundo extraordinario e sobrenatural que ía en contra das regras clásicas utilizadas comunmente e da realidade estrutural máis racional e evidente. Non debe esquecerse, por outra banda, que é o século de Andrade, de Romay, dos Monteagudo, de Rodríguez, Casas, Sarela ou Caaveiro e dunha infinidade de mestres maioritariamente galegos que, ademais foi habitual que pertencesen a ordes relixiosas como sucede con frei Tomás Alonso, frei Gabriel de Casas ou frei Manuel dos Mártires, entre outros moitos. Traballaron case sempre para a igrexa que foi, a non dubidar, a súa mellor e máis poderosa clientela; aínda que non faltaron tampouco algúns laicos que encargaron obras importantes. Coincide ademais o Barroco cun momento de esplendor da cidade de Santiago, cun período de grandes realizacións no que Compostela se converteu nun activísimo taller que exportou mestres e formas artísticas a todo o Reino de Galicia.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión