Concello da Coruña

Concello da Coruña

Orquestra Gaos

A Orquestra Gaos elixe o seu concerto final de temporada un programa que combina o carácter dunha obra racial como é Carmen Fantasy de F. Proto e o da oitava sinfonía de A. Dvorak, tenra e inspirada na música tradicional bohemia.

Cando:

10/07/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es

A Orquestra Gaos nace en abril de 2009 formada por músicos de toda Galicia, na súa maioría estudantes e profesores dos principais conservatorios galegos baixo a dirección de Fernando L. Briones, director titular da formación. Nestes anos colaboraron coa orquestra máis de 250 músicos galegos en 30 programas diferentes, a través de 50 concertos nos principais auditorios e salas de concerto de Galicia. Participaron como solistas 20 músicos galegos cunha gran traxectoria artística, algúns dos cales xa posúen unha dilatada carreira. Así mesmo tamén tivo a oportunidade de acompañar os gañadores do Concurso Internacional de piano "Cidade de Ferrol", Alexander Yakovlev e Daniil Tsvetkov, nas súas edicións do 2009 e 2010, respectivamente.
Grazas á participación da orquestra na presentación do Xacobeo 2010 comparte escenario coa soprano chilena Cristina Gallardo-Domâs, coa que realiza a súa primeira gravación discográfica: un cd con 14 temas galegos orquestrados por Juan Durán. Para comezar a súa terceira temporada realiza unha xira de concertos polas catedrais de Galicia co concerto de clarinete e a misa de Réquiem en re menor de Mozart obtendo un grande éxito de crítica e público, que fai posible que continúe o ciclo en outubro do 2012 coa Misa di Gloria de Puccini. En decembro do 2011 realiza un concerto benéfico a favor do IBS Padre Rubinos no que participan a soprano Ainhoa Arteta e o barítono Borja Quiza e que tivo a súa continuación en decembro do 2012 ano co tenor Celso Albelo e a soprano Albo López.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión