Concello da Coruña

Concello da Coruña

On the waterfront de Elia Kazan

No porto de Nova York, Johnny Friendly controla a todos os estibadores. Entre eles está Terry Malloy, que goza dunha posición de privilexio. Non en balde é irmán de Charley "O Fino", home de confianza de Friendly. En toda a zona impera a lei do silencio e o que a rompe exponse ao peor.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 26/05/2016, 27/05/2016, 28/05/2016

Xa rematou

Horario:

- xoves 20.30 h

- venres 20.30 h

- sábado 20.30 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3 euros (Carné xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2 euros)

Abono 5 películas: 12 euros

 

 

Organiza:

IMCE

Isto mesmo ocórrelle a un traballador chamado Joey Doyle, que aparece asasinado. O suceso provoca que Terry comece a arrepentirse de facer determinados traballos para o seu xefe. A casualidade determina que trabe certa amizade con Edie, irmá da vítima do crime, da que se namora. Por outra banda, a policía comeza a investigar a morte de Joey, pero non consegue nada porque na zona portuaria ninguén quere falar, a pesar de que o pai Berry anima os obreiros a que esquezan os seus resquemores e acusen directamente a quen abusa dos seus dereitos.

Dirección: Elia Kazan

Intérpretes: Marlon Brando e Eva Marie Saint

Estados Unidos, 1954 - 108 min

(V.O. en castelán) - Formato: DVD

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 7 ANOS

 

** Tras a proxección do venres 27 de maio ás 20.30 h haberá unha charla coloquio con: Xosé Portela, traballador da UDC e sindicalista.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión