Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Ni para ti, ni para mí". De Juan Luis Iborra e Sonia Gómez Gómez

"Ni para ti, ni para mí" parte dun encargo de dúas actrices: Belinda e Miriam. O que adoita resultar, canto menos, comprometido, neste caso converteuse nun traballo ameno, estimulante e tremendamente gratificante.

Cando:

Os días 05/07/2013, 06/07/2013

Xa rematou

Horario:

21.00 h.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

8'50, 11'00, 14'00, 18'00 € (Desconto do 20 % para carné xove, + 65 anos, desempregados).

Televenda:

Ataquilla.com

O medo ao folio en branco deu paso á creación duns personaxes cheos de vitalidade, que, aos poucos, na obra ispen os seus segredos e inseguridades sen perder xamais o sentido do humor.

Esta é unha comedia negra, mesmo se nos permiten, trátase dunha comedia de "teléfono negro", é dicir, un morto, dúas mulleres, unha herdanza, un único piso e… E hora e media para debullar todas as claves da “dobre vida” de Marta e Bea, onde nada é o que parece.

Condenadas a entenderse. Iso é o que lles espera a estas dúas mulleres tan distintas entre si. Nin no peor dos seus pesadelos imaxinarían o agasallo envelenado que lles ía deparar a vida. Pero o que descoñecen é que grazas a esta circunstancia empezan a descubrir o valor da amizade e o valor da independencia. Xa non dependen do home que sempre tiveron ao seu lado, agora dependen doutra muller… Aínda que o home, ese home, gústelles ou non, sempre está presente. Incluso demasiado.

 

Juan Luis Iborra

Sonia Gómez Gómez

 

 

Entradas: 8'50, 11'00, 14'00, 18'00 € (Desconto do 20 % para carné xove, + 65 anos, desempregados).

Venda de entradas:

- Despacho daPraza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).  

- Despacho do Teatro Rosalía: mesmo día, de 12 a 14 h e de 18 a 20.30 h (pagos en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión