Concello da Coruña

Concello da Coruña

Murais

A obra mural de Luis Seoane constitúe unha parte esencial da súa produción.

Cando:

Dende o 30/10/2012 ata o 16/06/2013

Xa rematou

Horario:

Martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00. Domingos de 11.00 a 14.00 h. Luns pechado.

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco s/n. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta.

Esta obra mural de Seoane mostra a beleza das pezas realizadas do artista en edificios públicos e particulares ao longo de aproximadamente dúas décadas, e o papel fundamental que a práctica do muralismo supuxo na evolución posterior da súa pintura. Descoñecidos por unha banda importante do público debido á súa localización, a inmensa maioría na cidade de Bos Aires, os murais de Seoane cobran vida nesta mostra a través dunha selección de 62 esbozos preparatorios, pezas de valor inestimable tanto pola singularidade do seu formato como pola oportunidade que supón poder contemplar as anotacións referentes á cor, as dimensións e o deseño que o artista realizou en moitos deles; 75 fotografías de época que mostran o artista traballando nas obras e o resultado final delas, e 44 fotografías que documentan o estado actual dalgúns deses murais.

A finais dos anos corenta, Luis Seoane toma un camiño de dobre vía que o levará, por unha banda, a traballar pola renovación da arte galega e a súa inclusión por dereito propio nas correntes das vangardas europeas sen perder as súas raíces culturais e históricas, e por outro, cara á procura da integración das artes, un concepto que desenvolverá ao longo de toda a súa carreira. Seoane considera que a práctica artística, dende as súas orixes ata a Idade Media, constitúe unha simbiose entre arquitectura, escultura, pintura e demais artes que rompe a partir do Renacemento e que permanecerá disgregados en diferentes disciplinas ata o século XX, momento no que a procura da integración das artes é retomada por parte de movementos como a Bauhaus ou De Stijl e por artistas como Fernand Léger, El Lissitzky, Robert Delaunay ou Joaquín Torres-García, entre outros, como vía para transformar o conxunto da sociedade. O estudo por parte de Seoane das experiencias destes artistas, así como dos grandes muralistas mexicanos como Siqueiros ou Rivera influirá de maneira decisiva á hora de acometer os seus traballos murais. A práctica do mural permitiralle a Seoane ampliar os seus coñecementos como artista e trasladalos ao resto da súa produción, posto que a experimentación con novos materiais e a recuperación doutros en desuso, así como a aplicación de diferentes solucións para os murais grazas ao estudo do espazo e da cor reflectiranse en toda a súa obra, moi especialmente na evolución da súa pintura a partir dos anos 60 a través da introdución da abstracción.

Comisario: Silvia Longueira, Carmela Montero.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión