Concello da Coruña

Concello da Coruña

Monólogos no Aquarium

Unha actividade para o público que visita o Aquarium as fins de semana ás 13.00 e ás 18.00 horas. (Agás 4 e 18 de maio e 24 de xuño)

A quen vai dirixido?:

Público xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 27/01/2024 ata o 30/06/2024, os sábados e domingos

Horario:

Sábados e domingos ás 13.00 e ás 18.00 horas. (Agás 4 e 18 de maio e 24 de xuño)

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Prezo:

A actividade non ten un custo adicional, está incluído no prezo da entrada que cada persoa deba aboar para visitar o Aquarium Finisterrae.

O Aquarium Finisterrae incorpora desde o sábado 27 de xaneiro unha nova actividade que se lles ofrece ás persoas que visitan o centro. Trátase de charlas breves, duns 10 minutos, sobre a bioloxía e curiosidades dalgunhas das especies máis populares do Aquarium, ofrecidas polo persoal de atención ao público. Os cabaliños de mar e os polbos serán os protagonistas dos monólogos das primeiras sesións.

Esta actividade nace do interese mostrado polo público do Aquarium por preguntar e afondar nunha gran diversidade de cuestións. Así, en próximas sesións abordaranse outros temas e animais comoa as medusas, os mexillóns, os axolotes, as estrelas de mar ou os embrións de quenllas.

Os monólogos anunciaranse por megafonía minutos antes do comezo de cada monólogo para que as persoas que estean a visitar o Aquarium poidan asistir se o desexan.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión