Concello da Coruña

Concello da Coruña

Móbil de La Güasa Teatro Circo

Mestura de fraxilidade, desequilibrio e tensión, esta é a historia dun home sinxelo e unha máquina complexa.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/03/2017

Xa rematou

Horario:

19.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

9,00 euros (carné xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 8,00 euros)

Menores 3 anos: 2,00 euros

* Abono para os 3 espectáculos do ciclo: 21,00 euros

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Unha visión imaxinativa de como conseguir as cousas, a expresión dun desexo de experimentar, entreterse polo camiño e gozar xogando. Unha evasión a un mundo onde perderse segue sendo a mellor maneira de atoparse.

O interese polo ritmo, a expresividade, os xogos malabares, os mecanismos e o movemento é a base e o punto de partida deste traballo. Un espectáculo de circo-teatro íntimo e sen texto, onde a escenografía xoga un papel fundamental.

Realizada nun 90% con materiais reciclados, predominando a madeira e o ferro, atoparemos rodas de bicicleta funcionando a modo de polea, un listón de cama facendo de catapulta, coadores de cociña reconvertidos en cestas de pelotas etc.

Viva, chea de diferentes mecanismos que reaccionan en cadea, xerando diferentes sons e ritmos, esta escenografía crea un ambiente de expectación entre o público, ademais de múltiples e diversas situacións na escena.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión