Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mellizos "Dos caras duras en crisis"

Bertín Osborne e Paco Arévalo: volvemos cunha nova aventura de Mellizos: "2 caras duras en crisis". Nesta obra intentamos explicar por que seguimos xuntos: démonos conta do ben que o pasamos todos, empezando polo público que é o máis importante para nós.

Cando:

Dende o 07/08/2013 ata o 11/08/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es

Neste novo espectáculo haberá cancións e música en directo coma antes, haberá historias novas tan divertidas coma sempre e sorpresas e imprevistos... En definitiva, imos pasar uns momentos inesquecibles con e para toda a familia!

Non é un dicir, posto que gozamos da compañía de máis de 100.000 persoas ao longo de máis de 250 representacións.

A dirección, a cargo noso unha vez máis xa que ninguén se atreve a dirixirnos, para facer as delicias de pequenos e maiores; e a dirección musical a cargo do Mestre Franco Castellani.

Nota: queremos advertirlles que durante a representación pódese producir algún cambio de estación. Igual entran ao teatro na primavera e durante a obra é Nadal…

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión