Concello da Coruña

Concello da Coruña

Melendi Xira 2015 - "Un alumno más"

"Un alumno más" é o sétimo disco de estudo de Melendi.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/06/2015

Xa rematou

Horario:

21.30 horas.

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Venda anticipada

Pista (s/n): 25.00 euros

Tendido baixo: 28.00 euros

Bancada (tendido medio e alto s/n): 25.00 euros

 

Día do concerto

Pista (s/n): 30.00 euros

Tendido baixo: 34.00 euros

Bancada (tendido medio e alto s/n): 30.00 euros

Televenda:

Ataquilla.com

Un álbum que en palabras do propio cantante “é o mellor e o máis importante” xa que reflicte o momento que está a vivir a día de hoxe. O seu título é moi significativo. Alberga toda unha filosofía de vida e unha maneira de estar en continua aprendizaxe.

"Un alumno más" supón un salto cara aos sons máis maduros, integrando a parte instrumental con harmonía. Composto por 10 temas, moitos deles son auténticos relatos: dúas irmás separadas ao nacer, paixóns prohibidas entre alumno e profesora, un amor imposible na veciñanza… pero sobre todo son cancións cunha mensaxe moi positiva.

Sen prexuízos, sen limitacións "Un alumno más" soa diferente ao resto de traballos que realizou ata agora Melendi.

 

VENDA DE ENTRADAS

- Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 (pagos en efectivo)

- Despacho do Coliseum: día do espectáculo dende as 17.00 h, ata o inicio do concerto (pagos en efectivo)

- Sede Afundación: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 h.

- Televenda: 902 504 500 - www.ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión