Concello da Coruña

Concello da Coruña

Malú

Malú é a voz indiscutible do pop español.

Cando:

11/08/2013 ás 22:00

Xa rematou

Horario:

22.00 h.

Enderezo:

Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta.

 

Nada no seo dunha familia de grandes artistas, creceu rodeada de talento, arte e música. Sobriña de Paco de Lucía e filla de Pepe de Lucía, comezou a súa carreira con tan só 15 anos. Tivo como padriño de excepción a Alejandro Sanz quen compuxo para ela “Aprendiz”, tema que rapidamente se converteu nun grande éxito. Dende ese momento, Malú desenvolveu unha das carreiras máis sólidas e respectadas da música en España con máis de dous millóns de copias vendidas, dez discos publicados, 19 discos de Platino e numerosos recoñecementos entre eles o nomeamento aos Grammy Latinos 2011 na categoría de "Mellor Álbum Vocal Pop Feminino".

Co-autora de varios temas do seu álbum “Guerra fría” (2010), este traballo foi producido polo recoñecido produtor Armando Ávila. Entrou directamente ao número 1 en lista de vendas e mantívose durante meses no top 10. O single "Blanco y negro", número un varias semanas en radio (40 PP, Cadea 100), conseguiu a categoría de Platino en descargas dixitais e continúa sendo, dous anos despois, unha das cancións máis descargadas.

Malú destaca especialmente polo seu potente e coidado directo co que percorreu os principais escenarios colgando o cartel de non hai entradas. A súa forza no escenario levouna a cantar en directo co lendario Tony Bennett, Alejandro Fernández e Alejandro Sanz, entre outros artistas.

Malú, moi involucrada nas producións dos seus traballos discográficos, publicou o seu último álbum “Dual” o pasado 20 de novembro. “Só el amor nos salvará” dúo con Aleks Sytek foi a primeira canción elixida para presentar este último disco. O segundo single, esta vez acompañada de Pablo Alborán, é “Vuelvo a verte”, unha canción que tivo unha grande acollida e que acadou os postos máis altos das listas de vendas.

“Dual” é un dobre cd que contén 24 temas, seis deles inéditos, cantados a dúo cos artistas máis importantes e representativos do momento. Entre os temas inéditos, atopámonos a artistas como: Melendi, David Bisbal, Revólver, Tiziano Ferro e Leonel García.

“Dual” inclúe ademais exitosos temas cantados ao longo de toda a súa carreira artística como “Corazón partío” con Alejandro Sanz, “Devuélveme la vida” con Antonio Orozco, “Enamorada”, con David De María, “Linda” con Miguel Bosé e “Contigo aprendí” con Alejandro Fernández, entre outros artistas.

Malú participou como coach no programa “La Voz” de Telecinco que bateu marcas de audiencia (máis de 6 millóns de espectadores e o 35,2% do share), converténdose no programa estrela da temporada.

Fóra dos escenarios, Malú foi tamén recoñecida pola súa implicación en diferentes causas solidarias participando activamente con organizacións como Cruz Vermella, Unicef, Save the Children, AECC (Asociación Española Contra o Cancro) e polo seu defensa sen concesións dos animais colaborando con Mascoteros solidarios, entre outras asociacións.

 

www.maluweb.com

https://www.facebook.com/maluoficial

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión