Concello da Coruña

Concello da Coruña

Luz Casal

"Almas gemelas": un traballo que non acepta etiquetas.

Cando:

01/08/2014

Xa rematou

Horario:

22.30 h

Enderezo:

Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Organiza:

IMCE

En español ou noutros idiomas, baixo metáforas poéticas ou con letras urbanas e actuais, Luz presenta un ramallete de cancións crúas e fermosas, sempre descargadas de prexuízos. Xa avisa a portada do álbum, onde aparece de ambos os perfís, fotografada por Miguel Reveriego. Infatigable buscadora de novas vías de expresión, Luz paséase entre a cadencia da bossa e a electricidade do rock and roll, achégase á rancheira e espreme como ninguén a capacidade dramática das baladas. Coiro e seda. A súa presenza escénica e o seu maxisterio interpretativo, dende a altura dunha das traxectorias máis sólidas da música europea, non permiten etiquetas porque todas as súas caras están enraizadas nun mesmo tronco. Como almas xemelgas.

 

 

 


Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión