Luis Piedrahita é un dos humoristas con maior traxectoria e recoñecemento deste país. Escritor e director consolidado, preséntanos o seu espectáculo: "El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable".
08/06/2013
Xa rematou
20 e 22.30 horas.
Tras máis de oito anos colgando practicamente en todas as súas representacións o desexado cartel de non hai entradas, este mago das palabras volve subir aos escenarios para levarnos a ese mundo seu tan peculiar e divertido. Humor do cotián, branco, en ocasións surrealista e sempre familiar.
Tras o éxito de "¿Por qué los mayores construyen los columpios siempre encima de un charco?" e de "Dios hizo el mundo en siete días… y se nota", Luis Piedrahita volve á carga con "El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable".
Neste espectáculo o rei das cousas pequenas xoga coas palabras, coas súas e coas do público, improvisando coas súas suxestións e deixándolles participar. Unha recompilación dos seus textos máis recentes, destinada a divertir e emocionar durante oitenta minutos.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible