Concello da Coruña

Concello da Coruña

Los Enemigos

Apelando ao rock de guitarras recias e exento de floreos, Los Enemigos teceron dende finais dos oitenta un discurso tremendamente persoal que, pouco a pouco, calou entre os afeccionados.

Cando:

10/08/2013 ás 23:01

Xa rematou

Horario:

23.00 h.

Enderezo:

Playa de Riazor s/n. 15004 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta.

Sempre aí, nese trampolín que os podería levar á fama pero sen chegar a dar o salto de verdade en ningún momento, foron coleccionando eloxios da crítica, aplausos do seu público e, sobre todo, unha aura de grupo especial que pervive ata o día de hoxe.

Máis aló da súa enerxía e uns directos inesquecibles, a clave de por que Los Enemigos son hoxe un clásico (mentres que moitos dos que triunfaban entón nas radios foron esquecidos totalmente), atópase na profundidade da súa mensaxe. Aí a pluma de Josele sobresaía entre o resto dos autores da súa xeración, tecendo versos certeiros, crus e radicalmente realistas. Para a historia queda o trauma da madurez de “La cuenta atrás”, as tribulacións dun estudante fracasado en “Septiembre” ou a infinita soidade do preso que se desvive en “Desde el jergón”. Son tres exemplos extraídos dunha discografía prolixa en xoias como poucas.

Botábamolos en falta e, tras a súa disolución na década pasada, o que para moitos é o mellor grupo de rock español da historia resucitou o mito hai un par de anos impartindo maxisterio para as novas e vellas xeracións. Na Coruña, unha cidade que os adora, farano ao bordo do mar nunha noite que, seguro, quedará para o recordo.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión