Concello da Coruña

Concello da Coruña

Libros en directo. Miguel Gonçalves Mendes

Proxección do documental "José y Pilar" e entrevista co director e escritor Miguel Gonçalves Mendes.

Cando:

08/07/2013

Xa rematou

Horario:

19 h. Proxección do documental.

21.15 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

O 8 de xullo a partir das 19 h proxección do documental José y Pilar de Miguel Gonçalves Mendes. O documental retrata a relación entre o Premio Nobel de Literatura, José Saramago (1922-2010), e a súa esposa, a xornalista española Pilar del Río, a través da súa vida cotiá en Lanzarote e Lisboa, na súa casa e nas súas viaxes por todo o mundo, durante os últimos catro anos de vida do escritor portugués.

Despois da proxección, sobre as 21.15 h, Miguel Gonçalves Mendes conversará con Pedro Ramos sobre como foi o proceso de creación do documental e do libro homónimo, recentemente publicado por Alfaguara, e onde poden lerse as reflexións do Premio Nobel de literatura e da súa esposa sobre política, o amor, o traballo, a literatura ou a morte. Este libro, onde se mostra material ata agora inédito, serve para completar un documental que foi rodado en catro anos, e mostrar un pouco máis daquelas 240 horas de gravación que non viran a luz ata agora.

Entrada libre ata completar capacidade.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión