Concello da Coruña

Concello da Coruña

Las Minas Puerto Flamenco

É un musical de 100 minutos, no que os artistas debullan, cada un na súa especialidade, o talento que os fixo merecedores de ser gañadores do Cante de Las Minas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/07/2016

Xa rematou

Horario:

21 horas

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

23'00, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos: -20%)

Televenda:

Ticketea

Con máis de 50 anos de historia, o Festival Internacional do Cante de las Minas é unha das citas máis importantes do mundo do flamenco. Ese selo de excelencia non é produto da casualidade, senón é a consecuencia dun traballo rigoroso e duns elevados estándares de esixencia artística. No 2014 foille outorgada a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e é o único festival cualificado como Marca España.

Las Minas Flamenco Tour xorde no ano 2012 como unha iniciativa de internacionalización para levar o flamenco polos cinco continentes, ademais de organizar xiras por España. Dende entón, visitaron países como Xapón, India, Bélxica e Luxemburgo.

Son dez artistas no escenario, cada un dos principais, é figura na súa especialidade. Non se trata dun espectáculo flamenco ao uso, é un espectáculo singular, non stop, no que as persoas participantes interactúan uns con outros. Así, o cante, está acompañado das guitarras, que actúan conxuntamente co baile e a percusión, frauta flamenca e caixón, ininterrompidamente. Un show cargado de sensibilidade e imaxe; unha viaxe pola historia do flamenco que pasou polos portos de España interactuando coas músicas do mundo dos portos.

Venda de entradas

Despacho Central da praza de Ourense, de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía, só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h

Venda telefónica: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión