Xoves de música
Para público en xeral
09/03/2017
Xa rematou
21 horas
La Dance é un proxecto musical que nace na Coruña, a finais do ano 2009, baseado na autoxestión e plena independencia creativa, de carácter ecléctico á vista das distintas bagaxes musicais dos seus integrantes e dando prioridade, polo tanto, ás cancións, protagonistas absolutas do proceso creativo.
A espontaneidade que caracteriza música e letra oscila entre pasaxes escuras e introspectivas, ritmos eléctricos e formatos espidos, acústicos e directos.
Say my name: no ano 2012, Andrea de Artaza e Dani Vaamonde únense para facer versións e comezar, por outra banda, a compoñer as súas propias cancións. Gravan con Arturo Kress unha maqueta acústica de dous temas propios e actúan na sala Le Club.
Say My Name, grupo de pop rock en inglés, nace ao ano seguinte coa incorporación de Jorge Salgado e Valeria Rubal, guitarrista e batería, respectivamente.
No ano 2014 incorpórase Tomás Loroño, baixista, completando así a formación.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible