Concello da Coruña

Concello da Coruña

La bella y la bestia

A maxia existe, descúbrea en "La bella y la bestia", o musical.

Cando:

Dende o 10/08/2013 ata o 18/08/2013

Xa rematou

Horario:

Sábado 10 de agosto: 18.00 e 22.00 h. 

Domingo 11 de agosto: 17.30 e 21.30 h.

Martes 13 de agosto: 21.00 e 21.00

Mércores 14 de agosto: 21.00 h.

Xoves 15 de agosto: 18.00 e 22.00 h.

Venres 16 de agosto: 18.00 e 22.00 h.

Sábado 17 de agosto: 18.00 e 22.00 h.

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña

Televenda:

Ataquilla.com

Páxina web:

http://www.labellaylabestia.es/

Tras bater todos as marcas de ocupación nas cidades en xira polas que pasou o musical de "La bella y la bestia" estará no Palacio da Ópera do 10 ao 18 de agosto.

O musical de Broadway chega á Coruña cunha repartición excepcional encabezada por Ignasi Vidal no papel de Bestia, Talía del Val como Bella, Raúl Pena interpretando a Lefou e Daniel Diges dando vida a Gastón.

Fantasía, emoción, vestiario cegador e personaxes de conto feitos realidade convérteno nun espectáculo único capaz de introducir o espectador na historia máis romántica xamais contada.

Baseado na premiada película de Disney, conta coa incomparable música de Alan Menken (gañador de dous Óscar por mellor canción e mellor música orixinal) e letras de Tim Rice.

Da mesma produtora do grande éxito "El rey León", "La bella y la bestia" é un dos musicais máis aclamados a nivel internacional. Máis de 35 millóns de espectadores conmovéronse en todo o mundo con este gran clásico de Disney que perdura no tempo.

Agora a maxia da súa espectacular posta en escena faise realidade. "La bella y la bestia" estará no Palacio da Ópera do 10 ao 18 de agosto.

E ti, valo perder? 
Descubre a maxia

A crítica dixo:

“Un despregamento de medios colosal, asombroso” El día de Córdoba.
“La bella y la bestia, un festín de fantasía” ABC. 
“Unha historia que segue cativando a todos os públicos” El mundo.
"Tan ben feita, tan lúcida, tan espléndida..." Guía del ocio.
“Un GRANDE espectáculo, con maiúsculas” RNE.

Máis información na web La bella y la bestia

 

 VENDA DE ENTRADAS:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 20.30 h (pagos en efectivo).

- Despacho do Palacio da Ópera: mesmo día dende unha hora antes (pagos en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión