Concello da Coruña

Concello da Coruña

Jazzatlántica: Gonzalo Rubalcaba Trío

Pianista versátil, é un dos grandes músicos cubanos de jazz.

Cando:

13/11/2014 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

21 horas.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, B. 15001 A Coruña

Prezo:

15'00 e 10'00 euros.

 

Televenda:

Abanca

Instrumentista hábil e elegante, Rubalcaba erixiuse nunha das grandes figuras contemporáneas emerxentes representativas do jazz afrocubano. As súas influencias musicais máis importantes proveñen de Theolonius Monk, Errol Garner, Óscar Peterson, Art Tatum, Hebie Hancock e Bill Evans.

O seu primeiro disco, Mi gran pasión, é un grande éxito de crítica e público. Este traballo ábrelle as portas do selo Blue Note, co que produce Inner Voyage, posiblemente o disco de jazz máis importante da súa ampla discografía. Gañou 2 Premios Grammy.

As súas creacións musicais son melodiosas, rítmicas e emocionantes e non exentes de certas complexidades a través das que o artista pretende transformar a rutina da vida diaria en algo máis fermoso e significativo.

Gonzalo Rubalcaba ao piano, estará acompañado por Ernesto Simpson na batería e Armando Gola no contrabaixo.

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 43 44 43.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión