Concello da Coruña

Concello da Coruña

Jazz in Blue - José James

José James está considerado como un dos máis interesantes cantantes estadonidenses, a última sensación capaz de mesturar jazz, hip-hip, R&B, electrónica e neo soul.

Cando:

05/05/2013

Xa rematou

Horario:

21 h.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

12, 14, 16 e 18 euros (carné xove, +65 anos ou desempregados: - 20 %).

Nacido en Minneapolis en 1978, é fillo dun saxofonista e multiinstrumentista panameño, estudou en The New School for Jazz and Contemporary Music e no 2008 debutou co álbum The Dreamer, para lanzar despois Blackmagic (2010) e For All We Know (2010), co que conseguiu o Edison Award e o Grand Prix de l'Academie ao Mellor Álbum Vocal de 2010. Gravou con Chico Hamilton, McCoy Tyner e Junior Mance e o seu magnífico primeiro álbum para Blue Note Records é No Beginning No End, no que está acompañado por Pino Palladino, Robert Glasper, Emily King, Hindi Zahra e Kris Bowers.

 

ENTRADAS: 12, 14, 16 e 18 € (carné xove, +65 anos e desempregados: - 20%)

 

VENDA DE ENTRADAS:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos), de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h. Pagos en efectivo.

- Despacho do teatro: mesmo día, de 12 a 14 e de 16 a 20.30 h. Pagos en efectivo.

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión