Concello da Coruña

Concello da Coruña

IL CIRQUE D´AMORE

Unha obra de teatro e un recital de ópera ao tempo. A través dunha divertida historia chea de diversión para nenos e adultos, dous cantantes e un pianista repasan un repertorio operístico ben popular.

A quen vai dirixido?:

Público familiar

Cando:

20/12/2014, de 18:30 a 19:30

Xa rematou

Horario:

18.30 h.

Duración:

45 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

6 € e abono 3 familiar (como mínimo 1 adulto e 1 menor) 15 €.

Os menores de 3 anos non pagan entrada.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Público infantil, a partir dos 4 anos.

Micaela é a muller barbuda do Cirque d´Amore; nel limpa a pista, dá de comer aos elefantes, cociña para os artistas e baila para que o público se ría dela... Coa axuda de Pierrot marcharase do circo e coñecerá a Fígaro, un barbeiro tolo que dará a Micaela confianza en si mesma. Pero… conseguirá Micaela ser feliz?

Mediante a interpretación en directo de fragmentos de coñecidas óperas, damos forma a Il Cirque d´Amore, onde un pianista, un barítono e unha soprano viaxarán co público por un fermoso repertorio musical acompañados dunha historia divertida e didáctica.

FICHA ARTÍSTICA

  • Dirección musical: Vitoria Álvarez Acón
  • Dirección escénica e dramaturxia: Pepablo Patiño
  • Axudanta de dirección: Montse Piñón
  • Escenografía e vestiario: Spela Trobec
  • Piano: José Manuel Yáñez
  • Barítono: Miguel Abalo
  • Soprano: Vitoria Álvarez Acón

SELECCIÓN MUSICAL, fragmentos de: La Boehème (Puccini), Il barbiere di Siviglia (Rossini), Don Giovanni (Mozart), L´elisir d´amore (Donizeti), Le nozze di Fígaro (Mozart), La serva parrona (Pergolesi) e Die Zauberflöte (Mozart).

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h (pago en efectivo)
  • Despacho do Ágora: o mesmo día dende 1 h antes (pago en efectivo)
  • Despacho do Centro Sociocultural A Fundación: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h (pago en efectivo ou con tarxeta)
  • Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión