Concello da Coruña

Concello da Coruña

Helena Almeida

Helena Almeida (Lisboa, 1934) é un referente na arte portuguesa.

Cando:

Dende o 04/03/2013 ata o 03/05/2013

Xa rematou

Horario:

11.00-14.00 h. | 17.00-21.00 h.
Martes a sábado (Out-Mar)
Luns a venres (Abr-set)

Enderezo:

Galería Vilaseco

Almeida iniciouse no taller do seu pai, Leopoldo Neves de Almeida, facendo de modelo para as súas esculturas. Sempre sentiu que quería traballar nese espazo, no que posou en tantas ocasións: “tiña claro o que quería realizar e que debía facelo no meu estudio, onde teño todo o que necesito. Dende o principio, o taller forma parte das miñas obras: os bancos, o chan, as paredes… é o escenario ideal, o lugar onde xorden e se deciden as obras. Gústame traballar nese espazo, é o que necesito: alí están as miñas ilusións, esas historias sobre as que traballo, que non teñen principio nin fin. Gústame e bástame co taller e algún material. O resto é sinxelo: eu sei qué quero facer en cada obra e podo ser o meu mellor modelo; do mesmo xeito, necesito que quen me fotografe sexa alguén que estea comigo, moi próximo, e aí entra Artur…” Con estas palabras Almeida resume o que significa para elas o seu taller e que sexa Artur Rosa, o seu marido, o que dispare a cámara.

O proceso creativo das súas pezas é minucioso, o primeiro é pensar nun tema, despois realiza esbozos coa posta en escena e busca a solución técnica. A súa aproximación á obra de arte está profundamente marcada por unha concepción plástica complexa, que nace do desexo íntimo de expresarse nunha orde «espacial», isto é, unha necesidade de superar os límites do cadro.

Na exposición móstranse obras da serie "Bañada en lágrimas" do 2010 que ocupan a sala principal da galería. Estas pezas xorden a partir dun día de choiva no que a artista atopou o seu estudio alagado e o chan converteuse nun espello e así empezou a realizar esbozos do seu reflexo. Nas outras salas expóñense obras anteriores, dende o díptico "Desenho" do ano 1999 ata obras como "Dos espaços" nas que empeza a incorporar a Artur na imaxe e datan do 2006.

Helena Almeida expuxo na Fundação Calouste Gulbenkian de Lisboa (1983 e 1987) na Fundação Serralves do Porto (1995), no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela e no Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporánea, de Badaxoz (as dúas no ano 2000), no Centre d'Art Santa Mònica de Barcelona (2005) ou na Fundación Telefónica de Madrid (2008).

No 2005 representou a Portugal na Bienal de Venecia. Foi recoñecida con galardóns como o Premio Photo España 2003 e o Premio Extremadura á Creación 2008 da Xunta de Extremadura. Actualmente participa na exposición A Bigger Splash-Painting after Performance na Tate Modern de Londres na que se mostran obras de Jackson Pollock e Cindy Sherman, entre outros.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión