Concello da Coruña

Concello da Coruña

Helder Moutinho

ESPECTÁCULO CANCELADO

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/09/2015 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

 

 

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

17'00, 13'00, 10'00, 8'00 euros (carné xove, +65 anos, desempregados, -20%).

Televenda:

Ataquilla.com

Hai voces que pasan e outras que permanecen, que nos empurran ao interior das cancións e as súas letras, que nos deixan en suspense e róubannos a respiración á espera de cada verso que se sucede. A voz de Helder Moutinho pertence a este último grupo, unha voz poderosa e discreta, grave e sen desatinos.

Moutinho pasou das casas de Fado lisboetas a grandes teatros de todo o mundo, nos que presenta un repertorio inmellorable cunha posta en escena única. Gran coñecedor da arte que representa, experimentou igualmente nas áreas da composición e a execución. Nado en Lisboa, Helder provén dunha familia que estivo vinculada ao fado desde hai moitos anos. Galardoado en 2005 co prestixioso Premio Amàlia Rodrigues polo seu disco Luz de Lisboa, Helder Moutinho é, sen dúbida, un dos fadistas máis importantes cos que conta este popular xénero musical urbano, declarado pola UNESCO, PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL DA HUMANIDADE.

Fiel ao seu espazo temporal dun álbum cada catro anos, o cantante, compositor e letrista volveu en 2013 ás edicións fonográficas cun disco conceptual. Chámase 1987 e na súa base hai poemas orixinais creados por Joao Monge, Pedro Campos, José Fialho e polo propio Moutinho. Publícao despois dos álbums Siete y Fados algunos Cantos, Luz de Lisboa e ¿Qué es esto lo traigo Fado?

 

ESPECTÁCULO CANCELADO

* A devolución das entradas realizarase a través da canle pola cal foron adquiridas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión