Concello da Coruña

Concello da Coruña

grey0.5

Exposición do artista Bruno Neiva.

Cando:

Dende o 02/05/2013 ata o 31/05/2013

Xa rematou

Horario:

Martes a sábado: de 10.30 a 14 e de 17.30 a 20 horas.

Domingos e festivos: de 10.30 a 14 horas.

Enderezo:

Casa Museo María Pita

Prezo:

Entrada libre.

A través da estilización de materiais pobres / atopados, produzo pezas onde se cruzan elementos plásticos e tipográficos. En canto á súa composición, son pezas escultóricas con formas e cores rudimentarias, onde a linguaxe se presenta fragmentada, ilexible e aparentemente baleirada de sentido, ou cargada de significación metalingüística, mediante o uso de palabras clave ou frases evocadoras, así como dunha tipografía elegante: un diálogo reflexivo entre manufactura e conceptualización, fragmento e unidade.

Con respecto aos materiais utilizados, inclúense lixas, cartóns, papeis, cartolinas, pegamentos, café, acrílico, pionés, caracteres transferibles, lapis de acuarela, pasteis, cintas, adhesivos, grampas, bolígrafos, rotuladores, correctores de tinta, etc. Deste comercio de materiais –  e do rexeitamento da moldura –, resultan pezas bidimensionais e tridimensionais híbridas, contaminadas, heterodoxas e, na súa maioría, pequenas, contradicindo o horizonte de expectativas levado ao público pola arte espectacular.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión