Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Grease" O musical

GREASE é un musical de 1971 creado por Jim Jacobs e Warren Casey. O musical recibe o seu nome da subcultura da xuventude obreira da década dos anos 50 cuxos membros eran coñecidos como os greasers.

Cando:

Dende o 20/06/2013 ata o 23/06/2013

Xa rematou

Horario:

Funcións: xoves 20 de xuño 20.00 horas; venres 21 de xuño 18.00 e 21.30 h; sábado 22 de xuño 18.00 e 21.30 h e domingo 23 de xuño 17.00 e 20.30 h.

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña

Prezo:

Páxina web:

http://www.greaseelmusical.es/inicio.php

O musical, ambientado en 1959 no Rydell High School, segue as peripecias dun grupo de adolescentes, que se moven entre as complexidades do amor, os coches e as carreiras. E todo aderezado cos sons do primeirizo rock and roll!

Nunha festa e ante unhas cervexas Jim Jacobs e Warren Casey fantaseaban sobre a posibilidade de crear un musical diferente, centrado nos días de ouro do rock and roll. Pouco despois, Casey quedou sen traballo e dedicou o seu tempo libre a escribir un borrador do libreto de GREASE. Pouco podían imaxinar que aquela idea aparentemente trivial se convertería nun dos maiores éxitos de todos os tempos.

O segredo de GREASE non está só na súa fabulosa e pegadiza partitura, e nas súas endiañadas coreografías. O que fixo que GREASE perdure ao longo de xeracións é a súa autenticidade, o seu retrato –ás veces duro, con frecuencia “canalla”, pero sempre próximo- dun grupo de adolescentes enfrontados ás emocións máis básicas e aos conflitos máis elementais de todo adolescente. Cando Jacobs e Casey decidiron homenaxear nun musical ao rockabilly e ao mundo “greaser” tivérono clarísimo: Os estudantes de Rydell non son outros que a xeración que estudara con eles, eran “eles mesmos” en certo xeito. Coñecían os protagonistas “moi de preto”, de aí a súa autenticidade.

En 1979, a película protagonizada por Olivia Newton-John e John Travolta acabaron de darlle a GREASE o seu indubidable selo de mito dos musicais. GREASE representouse con enorme éxito en todos os recunchos do mundo e en multitude de idiomas. A súa constante reposición ao longo e ancho do planeta responde ao feito de que o seu mero nome é xa unha garantía. GREASE é, sen dúbida, a estrela de todas as carteleiras onde aparece e a súa traxectoria está balizada por milleiros de anécdotas.

Tras o grande éxito da súa última presentación, GREASE renace e estréase en Barcelona en novembro do 2011 cun formato moito máis ambicioso, moito máis moderno, moito máis actual. No impresionante marco da CÚPULA LAS ARENAS que tivemos o orgullo de inaugurar como agasallo de benvida de GREASE a Barcelona, presentouse un despregamento sen precedentes de recursos técnicos que deixou o espectador completamente hipnotizado. Ademais, xunto á creatividade e a forza de Coco Comin e do ritmo de Manu Guix, o público vibra, canta e baila ata a extenuación.

Dende Vértigo Tours S.L. sabemos que toda España se namorará dun espectáculo que garante o entretemento e a diversión coa maior espectacularidade vista ata o momento. Poderá soar a tópico pero é máis verdade que nunca: Perdelo sería un pecado! Ou, co debido respecto e parafraseando os protagonistas do espectáculo: “Ven… ou que che dean!

Páxina web: http://www.greaseelmusical.es/inicio.php

VENDA DE ENTRADAS:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 20.30 h (pagos en efectivo).

- Despacho do Palacio da Ópera: mesmo día dende unha hora antes (pagos en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión