Concello da Coruña

Concello da Coruña

Gran Musical de París en Tributo a Moulin Rouge

Posta escénica na que resalta a beleza artística das súas escenografías, as variantes coreográficas dos seus integrantes e a interpretación adaptada da película Moulin Rouge.

Cando:

13/09/2014 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, B. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Chea de luxo e vestiario dunha época que nos mergulla nun argumento cheo de paixón no que Christian, un mozo escritor inglés, envolto en plena revolución bohemia no París de 1899, sería por casualidade do destino elixido como o autor dun novo espectáculo, no que se namora de Satine, a primeira estrela, e pola que o Duque produtor financeiro está disposto a todo con tal de posuíla.

Os enredos vanse sucedendo co roll de actores, actrices, cantantes do gran musical de París que dobran exquisitamente os personaxes do filme, durante dúas horas nunha maxestosa Homenaxe a Moulin Rouge, un espectáculo visto por máis de 12 millóns de espectadores de todo o mundo que incansables de presenciar esta xoia escénica desprázanse de todas as latitudes cada vez que teñen a ocasión de volver vivir con ela toda a súa maxia e fantasía, e que nesta ocasión vólvena vivir no Gran musical de París.

Con 25 artistas en escena baixo a dirección de Adrian López, licenciado en danza e arte dramática, dirixiu como director artístico as montaxes de El diluvio que viene, Evita e Annie, entre outras grandes obras. Tamén experimentou as correntes dramáticas con importantes obras como La casa de Bernarda Alba e Bodas de sangre.

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres, excepto festivos, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h

Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a venres, festivos incluídos, de 9 a 21 h

Venda telefónica: 902 504 500

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión