Concello da Coruña

Concello da Coruña

Freedonia

Freedonia está formado por dez músicos que malgastan forza e sentimento a través dunha potente sección rítmica, compactos metais e unha voz, a de Maika Sitte, capaz de transmitir as emocións más puras.

Cando:

26/10/2013 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

21.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Venda anticipada: 12,00 euros (carné xove, +65 anos ou desempregados: 10 euros)

** O desconto só se aplicará na venda anticipada.

Día do concerto: 15,00 euros.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

ZircoZine Music

Dende os seus comezos, no 2006, Freedonia investigou as diferentes correntes do soul, intercalando temas propios con clásicos do soul.

Tras un dilatado periplo por salas de concertos (Sol, Caracol, CBA) e festivais (Black is Back, Cultura Inquieta), onde a afluencia de público e o éxito conseguido non fixeron máis que aumentar estes valores, foron condensando a súa creatividade para plasmala nun primeiro álbum homónimo con composicións propias.

Gravado completamente en analóxico nos estudios Funkameba e masterizado por Kai Blankenberg, “Freedonia” publicouse o pasado 15 de setembro baixo a licenza de Creative Commons.

Dende a publicación de "Freedonia", o seu fiel e leal publico non fixo máis que aumentar enchendo cada concerto que deron ata o momento. Pasaron por cidades como Segovia ou Sevilla e colgaron o cartel de SOLD OUT no Gran Teatro de Cáceres ou na madrileña sala El Sol.

 

Entradas:

Venda anticipada: 12 euros / Venda no despacho de entradas: 15 euros (carné xove, +65 anos ou desempregados: 10 euros)

** O desconto só se aplicará na venda anticipada.

Venda de entradas:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo)

- Despacho do Ágora: mesmo día dende unha hora antes (pagos en efectivo)

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión