Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fran Pérez NARF

"Os xoves na Sagrada": Fran Pérez NARF. Unha nova oportunidade de achegarte á música en directo. Unha iniciativa que dende marzo do 2010 leva á biblioteca da Sagrada Familia a música das distintas culturas, executada por grupos e solistas internacionais e locais, co obxectivo de corroborar que, a través da música, é posible chegar á literatura e viceversa.

Cando:

24/04/2014

Xa rematou

Horario:

19.30 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia

Prezo:

Entrada libre.

Esta primavera o encargado de abrir o ciclo, o xoves 24 de abril, é Fran Pérez NARF, compositor e cantante de longo percorrido, parte do cal está ligado á contorna do mundo das lusofonías. O seu itinerario artístico levouno por festivais como "Cambio Sonoro" en Recife, "Antídoto" en Sao Paulo, Festival d'Agosto en Maputo ou Cantos na Maré en Galicia. Tamén actuou en escenarios de Cuba, Arxentina, Reino Unido, Polonia, India, Nepal, Portugal ou Suecia, entre outros.

Ten catro discos no mercado, o último titulado "Nas tardes escuras" editado no 2013 e centrado na figura de Rosalía de Castro. Nel, profunda no espírito da poesía rosaliana cunha mentalidade rockeira aínda que tamén ten temas de estilo máis pop.

 

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión