Concello da Coruña

Concello da Coruña

Forumáxico 2014 - Daniel Polo - Fusión

O último espectáculo, creado polo mozo mago Daniel Polo, leva por nome "Fusión".

A quen vai dirixido?:

Para toda a familia

Cando:

27/09/2014 ás 20:00

Xa rematou

Horario:

19.00 h.

Duración:

90 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

5.00 euros / Abono 3 familiar: 12.00 euros (como mínimo un adulto e un menor)

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

É o soño dun neno, feito realidade. Tras varios anos de aprendizaxe na Escola do Mago Rafa, un dos magos máis prestixiosos de España, o seu pequeno discípulo Daniel Polo consegue o soño de compartir escenario co seu mestre. Este espectáculo é un exemplo da máis perfecta compenetración e sincronización máxica entre os dous artistas. Unha fusión que en ocasións transmite a ilusión de ser a mesma persoa. Un traballo enfocado para nenos de 1 a 100 anos, con novos e sorprendentes efectos máxicos: manipulación de bólas, aros, panos, flores, etc; acompañados de moito humor e participación de todo o público.

 

Entradas: 5.00 euros / Abono 3 familiar: 12.00 euros (como mínimo un adulto e un menor)

Venda de entradas:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo)

- Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 h.

- Despacho do Fórum: unicamente o día da función, dende unha hora antes (pagos en efectivo)

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión