Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fórum Metropolitano - Programa de ocio de primavera 2013

Oferta de prazas dispoñibles.

Cando:

Dende o 04/01/2013 ata o 08/02/2013

Xa rematou

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Organiza:

IMCE

Documentos:

Talleres primavera 2013 - lista sorteo (173 KB)

Talleres con prazas libres (dispoñibles para o público xeral).

AS NOSAS LETRAS Mércores de 17.00 a 18,30 h. Responsable: Dores Tembrás

Aproximación á palabra a través da literatura galega, dende os clásicos ata o recentemente publicado. Compartir lecturas, impresións, debullando os textos, preguntándonos por que lemos e escribimos. A proposta: explorar os distintos xeitos de ler, os modos con que nos enfrontamos á obra literaria.

TAPIZ NO ALTO LIZO Mércores de 17.00 a 19.00 h. Responsable: Lola Oviedo

Traballo artesanal empregando diversas técnicas: tafetán, panamá, soumak, nó turco...

REDECORA A TÚA CASA Mércores de 11.00 a 13.00 h. Responsable: Laura Blanco

Se che gusta ter o teu propio estilo, non é nada complicado cambiar e redeseñar os teus espazos e a túa vida. A partir das túas propias ideas, cun pouco de axuda e unhas boas pautas, poderás converter o cotián en novo, aproveitar mellor os espazos... Coas técnicas axeitadas pódense facer marabillas!

ILUSTRADORES DE HISTORIAS Mércores de 19.00 a 20.45 h. Responsable: Irene Sanjuan.

Levaremos a cabo diferentes traballos nos que desenvolveremos por partes, as distintas disciplinas e as máis xerais dunha ilustración. A importancia da ilustración dun texto, e como ilustralo en función das necesidades e obxectivos del. Os conceptos básicos do debuxo e as súas diferentes técnicas de cor, perspectiva e luz; paso por paso ata chegar ao final a ilustrar en conxunto o texto que cada alumno escolla.

A NOSA ARQUITECTURA URBANA Mércores de 17.00 a 18.30 h. Responsable: Jesús Freire.

Analizaremos os edificios da cidade deNde un punto de vista espacial e construtivo, e como se relacionan coa contorna e a súa localización na cidade. Interpretaremos o espazo como calidade esencial da arquitectura e do urbanismo, así como a configuración das cidades e as ferramentas con que contamos para desenvolver e planificar o crecemento das cidades.

GRANDES PERSONAXES DA HISTORIA Xoves de 17.00 a 18.30 h. Responsable: María Cabrera.

Revisión da Historia a partir das grandes figuras que a foron escribindo cos seus actos ao longo dos tempos.

CINEMA, ARTE E REFLEXIÓN Martes de 10.30 a 12.00 h. Responsable: Beatriz Álvarez

O cinema é unha arte dende o seu nacemento, e a arte é retratada no cinema en infinidade de ocasións. Son dous conceptos que van ligados en todo momento. A través desta actividade preténdese coñecer e identificar os movementos artísticos, así como reflexionar e debater sobre os aspectos que se tratan no ámbito creativo.

XUNTOS AO TEATRO Mércores de 19.00 a 20.30 h. Responsable: Laura e Juan (Caramuxo Teatro)

Deseñado especialmente para analizar as distintas obras teatrais programadas no Ágora, no Fórum e no Teatro Rosalía, buscarase o desenvolvemento de espectadores críticos. As sesións incluirán: análise dos espectáculos que veñen ao teatro, debates de opinión antes e despois de ver as pezas, visitas ao teatro, entrevistas, etc.

SENDEIROS LITERARIOS Xoves de 17.00 a 18.30 h. Responsable: Alfonso Casáis

Aproximación ás obras escritas de todos os tempos, a través da análise de textos e a posta en común dos coñecementos adquiridos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión