Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fito & Fitipaldis

"Gira de teatros y auditorios 2013"

Cando:

24/07/2013

Xa rematou

Horario:

22.00 h.

Enderezo:

Coliseum

Prezo:

Prezos segundo zona: 42 €, 45 € e 50 €.

Trátase dun concerto no que se establecerá un formato de aforamento reducido a 3.500 localidades que sairán á venda o xoves 6 de xuño ás 09.00 h.

Televenda:

Ataquilla.com

Páxina web:

http://www.fitoyfitipaldis.com/web/

ADOLFO CABRALES, FITO

Adolfo Cabrales, Fito, nace en 1966 no barrio bilbaíno de Zabala. Empeza a alimentar a súa afección polo rock and roll dende pequeno. Pasa parte da súa infancia e adolescencia en cidades como Laredo e Málaga, pero acaba volvendo ao seu Bilbao natal. Nos seus anos mozos traballa de camareiro nun club de alterne da rúa Las Cortes (popularmente coñecida como La Palanca), propiedade do seu pai.

 

"Platero y tú"

En 1989 Fito únese a Iñaki ‘Uoho' Antón, Juantxu ‘Mongol' Olano e Jesús ‘Maguila' García e xorde "Platero y tú" e en 1991 publican o seu primeiro traballo, ‘Voy a acabar borracho'. Foi o primeiro paso dunha banda que na década dos 90 se convertería nunha das iconas do rock cantado en castelán. "Platero y tú" desmárcase do entón tan en boga Rock Radikal Vasco para abrazar a tradición rockeira máis clásica vía Status Quo, Leño, AC/DC, The Rolling Stones ou John Fogerty, con letras que falan de bares, amores, drogas e rock and roll.

En 1992 Dro, a nova discográfica da banda, reedita ‘Burrock ‘n' roll', unha maqueta autoeditada en 1990, e sae á venda ‘Muy deficiente', o segundo disco de "Platero y tú". Máis tarde chegarían ‘Vamos tirando' (1993), ‘Hay pouco Rock & Roll'(1994), o directo ‘A pelo' (1996), ‘7' (1997), ‘Correos' (2000) e os recompilatorios póstumos ‘Hay mucho Rock & Roll Volume I' (2002) e ‘Hay mucho Rock & Roll Volume II' (2005).

"Platero y tú" creceu disco a disco, concerto a concerto, colaboraron con Evaristo, de La Polla Records, con Rosendo Mercado, con Roberto Iniesta, de Extremoduro, con quen xiraron en 1996, e conseguiron que catro dos seus traballos fosen Disco de Ouro. Foron anos axitados de gravacións, directos, vida nocturna e moito rock and roll.

 

Los Fitipaldis

Pero Fito empezaba a compoñer certas cancións que non encaixaban tan ben dentro do repertorio de "Platero y tú" e en 1998 crea, de forma paralela á súa banda de orixe, Fito & Fitipaldis, un novo proxecto que lle permitiría dar renda solta á súa paixón por xéneros como o rockabilly, o rythm & blues, o swing, o jazz ou os sons sureños.

O primeiro disco de Fito & Fitipaldis viu a luz en 1999. Chámase ‘A puerta cerrada', producido por Iñaki ‘Uoho' Antón, compañeiro de Fito en "Platero y tú", marca unha liña moito máis intimista e acústica que os seus traballos á fronte de "Platero y tú". Consegue o Disco de Platino, a pesar de que a xira de presentación do álbum se desenvolve principalmente en salas de aforamento pequeno-medio e Fito considera que ten que empezar de cero cos Fitipaldis, esquecéndose do público masivo que para entón xa tiña con Platero.

Con todo, a aceptación do proxecto en solitario de Fito foi moi positiva e cando no 2001 "Platero y tú" pon o punto final á súa carreira, o artista decide afanarse de pleno en Los Fitipaldis. Ese mesmo ano publícase ‘Los sueños locos', o segundo disco da banda. De novo volven conseguir ser Disco de Platino. De feito, no 2002 publícase unha edición especial do álbum con varios temas en directo que viñan recoñecer a traxectoria ascendente do grupo. Neste segundo disco volven aparecer as guitarras eléctricas e o rock and roll, aínda que xa cun estilo moi persoal que Fito fora desenvolvendo durante os últimos anos. Non en balde unha das características do proxecto en solitario do artista bilbaíno é, dende o comezo, a capacidade de conxugar múltiples estilos e sons, o que lle permite chegar a un público máis amplo.

Tamén no 2001, ano de publicación de ‘Los sueños locos', Fito participa xunto a Iñaki ‘Uoho' Antón e Roberto Iniesta no proxecto ‘Extrechinato y tú', onde, a iniciativa do propio Roube, gravan o disco ‘Poesía básica' coas letras do poeta Manolo Chinato. Fito foi unha das partes capitais do proxecto, gravando as voces xunto a Roube, as guitarras xunto a Uoho e achegando composicións propias. ‘Poesía básica' convértese en Disco de Ouro.

 VENDA DE ENTRADAS:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - http://www.servinova.com/

Máis información na web Fitoyfitipaldis

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión