A primeira edición do Festicor remóntase ó 2005, dez anos despois Festicor dá un paso adiante e medra cunha proposta internacional e completa que implicará a todos os visitantes.
Para público en xeral
Dende o 20/06/2015 ata o 21/06/2015
Xa rematou
2 días
Libre e gratuíto.
O Festicor será agora "O Festival Internacional do Vento Nordés" cunha renovada participación internacional e cunha serie de propostas artísticas e creativas relacionadas co vento que abren a programación ao público familiar de toda Galicia: espectáculos de artes escénicas, audiovisuais, música, xardín de vento...
Un xardín de vento, obradoiros de papaventos, espectáculos de circo e teatro, pompas xigantes... e moito máis é o que os visitantes atoparán cando cheguen a Festicor.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible