Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fangoria - Cuatricromía

Cuatricromía, o undécimo álbum de estudio de Fangoria, está composto por catro eps. Cada un deles réxese por unha das cores que forman a cuatricromía, e polo tanto, cada unha desas cores representa un dos catro piares estilísticos sobre os que se apoia a obra de Alaska e Nacho Canut. Por iso mesmo, cada un deses catro discos conta cun produtor cuxo traballo deu relevancia a cada unha desas facetas.

Cando:

03/08/2013 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

22.30 h.

Enderezo:

Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada libre e gratuíta.

O disco azul pon en primeiro plano o lado máis pop do dúo. Consta das cancións Dramas y comedias, Piensa en positivo, Desfachatez e Para volver a empezar. A produción correu a cargo de Guille Milkyway, o creador de La Casa Azul.

O disco maxenta correu a cargo de Sigue Sigue Sputnik, ídolos de Fangoria cos que estes xa traballaron nos seus dous álbumes anteriores. Este ep. conforma o disco dedicado ás cancións máis influenciadas polo rock & roll, que neste caso son Tormenta solar perfecta, Rendez-vous espacial, Caprichos de un corazón estrafalario e Viaje a ninguna parte.

O disco amarelo contén as cancións Errores garrafales, Peligros, Un robot no cree en dios e Rompe la cadena. É o disco consagrado a buscar un son máis electrónico e os labores de produción recaeron sobre Los Pilotos, dúo composto por Florent e Banin, de Los Planetas.

Finalmente o disco negro. Catro cancións producidas por Jon Klein, membro de Specimen e guitarrista na última etapa de Siouxsie & The Banshees. O seu traballo abarca as catro composicións que exploran o lado gótico de Fangoria: Lo tuyo no es normal, Ecos de ayer, El mundo conspira contra tí e Cuatro colores.

As cancións de Cuatricromía foron compostas por Fangoria en colaboración con Guille Milkyway, Jaime Ferrer e Mauro Canut. O deseño de portada é obra de Juan Gatti.

 

+ INFO: www.fangoria.es

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión