Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición "O traballo infantil en Bangladesh"

Unha trintena de retratos pon rostro ao traballo infantil. A exposición de Intervida "O traballo infantil en Bangladesh" pode visitarse ata o 30 de setembro na Casa Museo María Pita.

Cando:

Dende o 24/07/2012 ata o 30/09/2012

Xa rematou

A mostra recolle unha trintena de instantáneas que retratan a realidade dos nenos e nenas traballadores en Dhaka, onde se calcula que traballan entre 2 e 4 millóns de menores.

Estímase que máis de 7 millóns de menores de entre 5 e 17 anos son economicamente activos en Bangladesh. As fotografías mostran a realidade na que viven moitos destes nenos na capital, obrigados a traballar en condicións moi duras na industria ou a minería. A pobreza das súas  familias empuxa a utilizar a man de obra de todos os seus membros para sobrevivir.

Garantir o dereito básico da infancia á educación é clave para contribuír a reducir o traballo infantil. Intervida leva a cabo programas de educación non formal para nenos e nenas traballadores dos slums de Dhaka, compatibles coa xornada laboral.

En Korail, o máis poboado da capital, un terzo non vai á escola e un de cada cinco menores de 15 anos está empregado.

O traballo infantil viola os dereitos da infancia e é necesario que a sociedade se sensibilice sobre este problema. Actualmente, 215 millóns de nenos traballan en todo o mundo e máis da metade deles, 115 millóns, desempeñan traballos perigosos.

 

A exposición "O traballo infantil en Bangladesh" pode visitarse na Casa Museo María Pita da Coruña (Rúa das Herrerías, 28), de martes a sábado de 10.30 a 13.30 h e de 17.30 a 20 h; domingos e festivos, de 10.30 a 14 h.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión