Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición: "Last Pop Pinture Show"

Guillermo Jack preséntanos as súas pinturas de estilo pop art sen concesións.

Cando:

Dende o 13/08/2014 ata o 31/08/2014

Xa rematou

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada libre.

Guillermo Jack (A Coruña, 1972) presenta unha nova mostra de pintura na Galería da Casa-Museo Casares Quiroga.

Trátase dunhas quince pezas en acrílico sobre lenzo e amplo formato (a maior parte) nas cales este pintor formado inicialmente como deseñador gráfico, preséntanos un percorrido de contundente e enerxética plástica de clara influencia pop, movemento que ao mesmo tempo desmitifica, desmarcándose de fórmulas manidas e moldes preestablecidos, xa que a súa liberdade creativa e impacto visual é utilizado por encima de calquera normativa para dar a cada peza a súa pulsión requirida.

Os cadros son na súa maioría figuracións de cálido cromatismo e fortes contrastes onde se mesturan as cores planas cos volumes. Na temática e a técnica combina o premeditado co espontáneo, o impacto visual directo co transfondo psicolóxico, e todo vai dando forma a un particular universo onde tan dispares correntes e influencias como o citado pop ou o realismo levado ao seu máximo expoñente conflúen nun conxunto que dá como resultado unha divertida explosión pictórica en technicolor.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión