Nicolás Combarro "Arquitectura oculta".
Dende o 28/09/2012 ata o 25/11/2012
Xa rematou
De 12 a 14 h e de 18 a 21 h.
Sala de exposicións PALEXCO. Peirao de Transatlánticos s/n. 15003 A Coruña
Nicolás Combarro é un dos nosos máis novos autores de maior proxección. Utiliza a arquitectura e os seus elementos na súa reflexión persoal e artística. Por unha banda documenta edificios e os seus materiais que xa perderon a súa función para a que foron realizados ou que nunca chegaron a cumprila. Son edificios nados da funcionalidade e da autoconstrución e que nos evocan outra cidade, en parte perdida pero tamén conformadora da actual. Unha cidade máis próxima á súa contorna rural, que participaba dela e que, nas últimas décadas estamos a condenar ao esquecemento, esquecendo así unha parte da nosa esencia. A fotografía e o vídeo son os seus materiais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible