Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición de Manuel Romero

A Coruña merecíase unha exposición de Manuel Romero, a súa cidade de infancia e mocidade, a que sempre tivo como súa e a cuxo contorno volveu.

Cando:

Dende o 21/03/2013 ata o 19/05/2013

Xa rematou

Horario:

Luns a domingo de 12.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 21.00 h. 

Enderezo:

Sala de Exposicións do Palacio Municipal

Documentos:

Catálogo de imaxes (3 MB)

Con esa vocación naceu este proxecto que mostra, con só quince pezas, un percorrido pola súa obra pictórica. Pode parecer pouco para case corenta anos de dedicación á pintura, pero deixan clara a esencia dun autor para o que a pintura se impuxo como unha necesidade vital.

Falar dunha obra madura, no caso de Manuel Romero, é algo redundante: toda a súa obra é obra de madurez; se empeza como autodidacta, fixo unha aposta valente por obter a mellor formación xa nos anos setenta-oitenta, momento das primeiras obras que podemos contemplar. Esta decisión levouno ata a obtención da máis alta titulación no prestixioso Royal College de Londres. Non foi algo fácil, lonxe quedaban a súa etapa escolar no coruñés colexio Calvo Sotelo, e obrigáballe a deixar a seguridade do seu traballo, con case corenta anos e unha familia que manter. Pero, como dicía antes, para el a pintura foi sempre algo obsesivo, fundamental e irrenunciable.

Falouse moito de que a pintura de Romero fusiona estéticas inglesas, españolas e galegas. Obviamente a súa formación fundamental é británica, pero as súas orixes son galegas e aquí volve para pintar e vivir. Finalmente a súa obra é, sobre todo, profundamente persoal. Manuel Romero analiza con solvencia e filtra dende a súa sólida formación, pero a súa obra é fundamentalmente visceral, tanto na súa obra abstracta como a máis realista. As súas cores, elemento fundamental da súa pintura, non se entroncan nin coa pintura das illas nin coa galaica. Para Romero a creación dun cadro é un asunto solitario, case debemos dicir que realizados dende o férreo illamento do seu estudio.

A exposición, centrada na súa pintura, deixando a un lado o seu traballo como escultor, móstranos esa diversidade formal, con obras abstractas, pero tamén realistas: paisaxes, arquitecturas, retratos… que fixeron falar de surrealismo lírico, de expresionismo, da súa admiración pola escola londiniense… Ao final teremos que concluír qué é en toda a súa variada e complexa pluralidade, o pintor Manuel Romero.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión