Concello da Coruña

Concello da Coruña

Emocións tanxibles

Exposición do escultor Francisco Pazos.

Cando:

Dende o 11/04/2013 ata o 21/05/2013

Xa rematou

Horario:

De 16.30 a 19.30 horas, de luns a venres.

Enderezo:

Fundación Rodríguez Igrexas

A Fundación Rodríguez Iglesias pretende con esta exposición achegar ao público coruñés a obra dun dos escultores galegos con máis proxección, que conta con máis de trinta anos de traxectoria profesional chea de premios e exposicións de ámbito nacional e internacional. Un artista intelixente e cun dominio técnico exquisito que non deixa de sorprender e innovar. A exposición recolle unha selección de vinte das súas últimas obras, na que os visitantes encontrarán unha síntese do seu traballo e dos elementos que a caracterizan.

Así poderanse ver pezas de diversos materiais (aceiro cortén, madeira, granito, cobre ou formigón), mesturas entre estes materiais, as ataduras e grampas, ou os ocos, buracos e ventás. Pero, especialmente, terán ocasión de ver pezas de carácter vertical, nas que o artista logra que nos deteñamos e busquemos no seu interior. Son pezas que podemos contemplar dende fóra, pero nas que tamén nos podemos internar, interactuando cos seus elementos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión