Chega ao teatro Colón a actuación inaugural do VII Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e as Artes: Elas son artistas, que se realiza en oito concellos da proximidades da Coruña entre abril e novembro.
Para público en xeral
18/04/2024
Xa rematou
21.00 h
Platea - Palco: 18,00 €
Principal: 16,00 €
1.ª fila de principal (visibilidade reducida: 14,00 €)
Desconto do 20% para Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas
Desconto do 25% para familia numerosa
**Os descontos aplícanse logo da presentación previa do documento que acredita o desconto.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
10d10 Soluciones Acertadas S.L.L.
teatrocolon@coruna.gal
Sobre Maika Makovski xa se dixeron moitas cousas, e moitas máis se dirán. Artista multidisciplinar se algunha vez a houbo, o seu talento musical, a súa multitude de influencias e a urxencia da súa constante procura do espírito fan dela un nome verdadeiramente único no panorama actual.
Dende que comezou a súa carreira con só 20 anos, non deixou de sorprender con cada disco que saca, e xa leva 8. O último, «MKMK», foi lanzado en 2021 e foi un auténtico éxito de público e crítica, e foi incluído en practicamente todas as listas dos mellores do ano (gañador dos premios MIN e + Música ao «Mellor disco de rock»).
Por mor daquela aclamada obra, a compositora saca agora 'Bunch of little burdens', unha canción crúa na que nos fala das miles de pequenas cargas de estar vivo. Todos eses medos e responsabilidades que pesan coma unha pedra e que nos fan soñar con afastarnos da realidade e refuxiarnos nun mundo de fantasía, aínda sabendo o perigo que isto supón.
Guitarras potentes, un piano enérxico e a inconfundible voz de Maika protagonizan esta nova canción que forma parte dun sinxelo dobre, en formato de 7 polgadas, do que pronto se desvelará a outra cara.
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible