Concello da Coruña

Concello da Coruña

El mayordomo está de vacaciones

En "The room" inauguramos a primeira exposición individual de Sekone na Coruña. Unha viaxe pola psique dun cu inquieto. Unha chea de pedradas de cores.

Cando:

Dende o 13/06/2013 ata o 11/07/2013

Xa rematou

Enderezo:

A única maneira de escapar ao desconcerto que nos rodea está dentro dos nosos cerebros, diversión ou morte!!! Todo isto e moito máis en EL MAYORDOMO ESTÁ DE VACACIONES: Un subidón de furia percorreu desapiadado a súa columna, comezou a tremer. As súas fazulas presentaban o mesmo ton vermello do barrantes que degustara aquela mesma tarde.
 
Ergueuse demasiado rápido, sen poder evitar golpear a cabeza coa esquina da porta do armariño, que coma sempre, estaba aberta. Mentres caía aferrouse ao taboleiro de aglomerado que facía as veces de mesa, andel e sabe Deus cantas funcións máis... Os cabaletes de todo a cen que o sustentaban non o pensaron dúas veces e decidiron acompañalo na súa caída, e como non podía ser doutra forma, todo o que fora depositando sobre o taboleiro uniuse á festa: os vellos planos da cidade, unha caixa baleira de cereais con fibra, cinco cuncas decoradas cos pousos do café de había dúas semanas, os lapis do 9B, unha novela barata a medio ler, sete cadernos cheos de recortes de prensa, dúas camisas sospeitosamente limpas, tres gorras, o famoso calcetín perdido, un cinceiro cheo de cabichas ata dicir basta...

E mentres se desvanecía sepultado baixo aquela maraña de obxectos e sucidade meticulosamente acumulada dende había case un ano, o seu único pensamento era: "EL MAYORDOMO ESTÁ DE VACACIONES"...

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión