Concello da Coruña

Concello da Coruña

Dulce Pontes: "Puertos de abrigo"

Dulce Pontes regresa ao seu público coas maletas cheas de novidades poético-musicais

Cando:

08/11/2014

Xa rematou

Horario:

21.00 horas

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña

Prezo:

De 30 a 40 euros, segundo zona.

Televenda:

Ataquilla.com

Parte do repertorio que nos ofrecerá son algúns dos temas que integrarán o seu próximo traballo, Puertos de abrigo, onde poderemos escoitar dende duetos a temas acompañados ao piano, simplemente gozando da súa interpretación baixo o latexar dunha voz privilexiada que se modula en infinitos de susurrante intimidade, a ceos vocais abertos que parece non atopar límite. Rasgando, seguro, unha emoción indescritible.

Desfilarán temas como Vamos Nina de Astor Piazzolla e Horacio Ferrer, Alfonsina y el mar de Ariel Ramírez e Félix Luna, Solo le pido a Dios de León Gieco, La bohemia de Charles Aznavour e Jacques Plante, La leyenda del tiempo do poema de Federico García Lorca adaptado por Ricardo Pachón para Camarón de la Isla...

Cada canción un porto de abrigo máis aló de conceptos como o tempo ou a distancia. Un espazo máxico onde se atopan todas as almas que é a razón do meu existir” Dulce Pontes*

Doutra banda, sorprenderanos con novos temas do folclore e do fado con maiúsculas. Fados que interpretará por primeira vez en público. Algúns con arranxos máis modernos. Outros, á maneira máis ortodoxa da nudez da alma-fado.

Volverán vivir na voz lusa as composicións fadistas de Alain Oulman a quen amou dende temperá idade escoitando os vinilos da raíña do fado Amália Rodrigues. E con temas inéditos por exemplo: Meu amor em Aranjuez con música do adagio do mestre Joaquín Rodrigo e letra da propia Dulce Pontes. Ou, “No te vayas” con música de Dulce Pontes e letra de Maxi de la Peña.

Unha paleta de pintura onde cada cor é unha porta ao abrigo, ao folclore, ao fado, á canción, á raíz da beleza do sentimento expresivo musicado no movemento desta polifacética cantante compositora multirexistros, Dulce Pontes.

Dulce Pontes, voz

Daniel Casares, guitarra

Juan Carlos Cambas, piano

Paulo Lima da Silva, percusión

Fernando Silva, guitarra portuguesa

Amadeu Magalhaes, gaita, frauta e viola


Entradas: Zona A: 40,00 euros, Zona B: 35,00 euros, Zona C1: 30.00 euros, Zona C2: 30.00 euros

Venda de entradas:

Televenda: http://www.servinova.com - Teléfono: 902.504.500
DESPACHO DE ENTRADAS DA PRAZA DE OURENSE de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo)
DESPACHO DE ENTRADAS DO PALACIO DA ÓPERA: o mesmo día de 11.00 a 14.00 e de 17.00 ata comezo do espectáculo.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión