Concello da Coruña

Concello da Coruña

Día Internacional dos Museos

No MAC celébrase o Día Internacional dos Museos, como pretexto para programar tres actividades de portas abertas, exentas de cita previa, límite de prazas e pago de matrícula. Unha ocasión única para vir en familia.

Cando:

11/05/2013

Xa rematou

Enderezo:

Ao longo de todo o ano, o equipo de profesionais deste museo esfórzase en organizar actividades sedutoras e accesibles que esperten o interese de diferentes colectivos e validen a imaxe da arte e a cultura como motores de progreso social e crecemento profesional.

Varios miles de concidadáns, das idades e perfís máis dispares, gozan xa destas actividades. E moitos deles repiten con frecuencia. Pero, impulsados pola convicción de que podemos chegar aínda máis lonxe, tomamos a tradicional celebración do Día Internacional dos Museos como pretexto para programar estas actividades de portas abertas. Estas actividades están exentas de cita previa, límite de prazas e pago de matrícula.

Unha ocasión única para vir en familia. Pola mañá ou pola tarde. Unha cita co lecer e a creatividade que dará un sentido diferente a un día de primavera.

 -12.00 a 13.00 horas: actividade en familia: contacontos
Mato Armada e Raquel Galavís

-17.30 a 19.30 horas: actividade en familia: tetris analóxico Codeco
Belén Montero e Juan Lesta

-20.00 a 22.00 horas: actividade para todos os públicos
Sesión de videodj e dj
Modecraft (Rebo&White) promotora Undersound Music

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión