Concello da Coruña

Concello da Coruña

DeAlla

Espectáculo de comedia con contos de tradición oral Colombiana, onde diferentes mulleres resolven os problemas con sensualidade e intelixencia.

Cando:

16/08/2013

Xa rematou

Horario:

22 horas

Enderezo:

Latuerka 27

Prezo:

4 euros


Trátase dun dialogo intercultural sobre a importancia dos distintos roles da muller como orixe, vida, astucia, terra, amor e liberdade.  De maneira participativa interactúa, dialoga e xoga cos asistentes, ao estilo dos xograres que percorren as feiras e festas populares de Colombia.

Jhon Ardila é narrador Oral de Contos desde o ano 2003, con formación en narración oral escénica, clown, teatro social e intervención socioeducativa, dereitos humanos e interculturalidad. O seu traballo espontáneo, participativo e divertido céntrase en historias de temas relacionados cos dereitos humanos, asuntos sociais, ambientais, interculturais e educativos. Tamén narra contos con particular estilo absurdo e irónico de personaxes cotiáns envoltos en situacións de comedia. Conta para todos os públicos e idades, en todos os espazos, desde salas e teatros a outros menos convencionais. É profesor universitario, tallerista e facilitador en temas relacionados coa narración oral e intervención social e desenvolve iniciativas culturais-artísticas de promoción de valores diversos.

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión