Concello da Coruña

Concello da Coruña

Davide Salvado

Davide Salvado é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas.

Cando:

28/05/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es
De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, senón toda unha maneira de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, o fiado, a cestería, a agricultura e o respecto pola terra, fan da maneira de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.

Tras dous anos de xira co seu espectáculo "Árnica pura", producido por Eliseo Parra, Davide presenta agora "El ladrón de fresas".

Colaboracións de luxo, como a de Mercedes Peón, enchen aínda máis de forza este novo álbum, no que o concepto estético cumpre un importante papel. "El ladrón de fresas", inspirado nos fermosos deseños do artista William Morris, é ao mesmo tempo un disco cento por cento galego, no que a voz e as percusións tradicionais teñen o protagonismo. Un traballo feito dende o corazón, un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que lle ensinaron a Davide a ser o que é.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión