Concello da Coruña

Concello da Coruña

Curso de danza Roser López

Bailarina e coreógrafa da escena actual

Cando:

10/10/2013 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

16:00h. a 20:00h

 

 

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

Matrícula 20,00 €

 

 

 

Televenda:

Ataquilla.com

Formada en danza contemporánea e ximnasia deportiva, é Roser López destacada intérprete e coreógrafa emerxente da escena actual. Graduada no departamento de danza contemporánea da Theaterschool de Ámsterdam, completou posteriormente os seus estudos na prestixiosa SNDO da capital holandesa, e cunha bolsa danceWEB-Europe, para o festival ImpulsTanz de Viena, e outra para o Tanz im August de Berlín.

Como bailarina formou parte das agrupacións Magpie Music Dance Company, dirixida por Katie Duck; traballou coa coreógrafa Marta Reig Torres, con Susana Amarante Duarte, o colectivo As Malqueridas, o creador Iago Pericot, a compañía de Bebeto Cidra, Pere Faura e co coreógrafo e vídeo-maker Iker Gómez.  Pero é sen dúbida a compañía Mudances, dirixida por Ángels Margarit, agrupación crave da súa traxectoria.

Como coreógrafa, iniciou Roser López a súa andaina en 2006 co só The´lizard s skin, primeiro Premio no certame de sós Masdanza. Outras obras do seu repertorio son Còncau (2007), estreado no Festival Internacional Dies de Dansa; Còncau II, visto no programa de mozos creadores BCSTX do Mercat de lles Flors, e o dúo Miniatura (2010), gañador do terceiro Premio do Certame Coreográfico de Madrid 2010.

 

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión