Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cuarta de Mahler

"Non hai música na Terra que se poida comparar á nosa" rezan as últimas palabras da Cuarta Sinfonía de Mahler. Composta en 1900, preséntase como unha das súas obras máis próximas aos canons clásicos.

Cando:

16/07/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es

A través dos seus catro movementos cheos de danzas, tanto campesiñas como macabras, Mahler preséntanos a súa visión da vida tras a morte, cuxa temática é explícita no último movemento da obra, unha canción titulada Das himmlische Leben (A vida celestial). A voz de Mª Eugenia Boix transportaranos ao mesmísimo Ceo onde, a través dos ollos dun neno, descubriremos os praceres celestiais, gozando especialmente dos gastronómicos e dos musicais.

Completará o programa o Preludio á sesta dun fauno de Claude Debussy. Contemporánea á sinfonía de Mahler, mergullaranos nun mundo sonoro completamente diferente no que a transcendencia mahleriana é substituída pola sensualidade das harmonías debussistas, reflectindo o ambiente do poema de Mallarmé no que se inspirou o compositor.

Natalia Ensemble, agrupación formada por novos membros das mellores orquestras europeas, elixiu estas dúas obras mestras que, pola súa calidade camerística, adáptanse á perfección a esta formación.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión