Concello da Coruña

Concello da Coruña

Creativos anónimos

O valor do sector creativo e a súa capacidade para xerar crecemento.

Cando:

24/05/2013 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

18.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Inscrición previa en creativosanonimoscor@gmail.com

O fío de diálogo que afrontaremos titúlase: O valor non importa e profundaremos no valor que ten o noso traballo, o valor que posúen as nosas profesións, cómo valoramos a nosa actividade e, en definitiva, cómo se nos valora socialmente. Abordaremos cuestións tanto enfocadas á cuestión económica como á calidade e a capacidade do noso sector para outorgar e achegar crecemento a outros sectores.

Creativos anónimos pretende ser un espazo para o diálogo, dedicado a poñer sobre a mesa temas e problemáticas propias das profesións de carácter creativo. Participan creativos de diversas disciplinas tales como deseñadores, arquitectos, artistas, ilustradores ou cineastas. 

Creativos anónimos realízanse co apoio do Concello da Coruña e o equipo do Centro Ágora, onde se desenvolverán as reunións unha vez ao mes.

Entre os obxectivos desta iniciativa están: o desenvolvemento do diálogo e interacción entre creativos, a procura de solucións ás distintas problemáticas do sector e o desenvolvemento de actividades de sensibilización que contribúan a mellorar e dar valor social ás prácticas de carácter creativo.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión